lunes, 14 de mayo de 2012

Andar e correr en Paderne

Saida da V Andaina de Paderne
O pasado domingo, 13 de maio, celebrouse no Concello de Paderne de Allariz a V Andaina-Carreira de Paderne. E un a no máis, para non perder costume, nos atopamos cunhas paisaxes moi fermosas, pero cos camiños completamente embarrados por mor da choiva caída nos últimos días e incluso media hora antes do comezo da proba.


Como nos anos anteriores o punto de saída e chegada estaba situado na Praza Luís Carlos Seara, a carón da casa do concello, partindo as persoas que participaban na andaina as 9:30 horas e os corredores unha hora máis tarde. A estas horas xuntáronse na liña de saída preto de 200 persoas para participar na andaina de 22 quilómetros e 63 corredores para a carreira que percorría unha distancia de 16 quilómetros.

Como xa se fixera en algunha outra edicción, este ano voltamos a subir ata o monte Cubreiro (740 metros de altitude), neste caso dende a Veirada e pasando por Nogueira, ata Nevoeiro. Esta parte foi a que contaba con maís desnivel, ainda que o terreo permitia pequenos descansos. 






No hay comentarios:

Slider