lunes, 25 de marzo de 2013

VI Andaina Carreira Concello de Paderne 2013


O vindeiro domingo 05 de Maio de 2013, o Concello de Paderne organiza a  VI Andaina – Carreira Concello Paderne de Allariz "Paderne encanto natural”.

A saída, como en anos anteriores, realizarase desde praza da Casa do Concello, situada en Rioseco nº 7, iniciando a ruta os camiñantes as 9:30 e os corredores a partir das 10:30 horas.

O percorrido, na edición do 2013, constara de 24 quilómetros para a Andaina e de 17 quilómetros para a carreira.

Todos/as aqueles que queiran participar, deberán inscribirse no teléfono 988 29 30 00 (Concello), antes do venres, 26 de abril de 2013, as 14:00 horas.

Como o ano pasado hai que facer un ingreso de 5 €, como cota de inscrición, na conta da Asoc. Mulleres Rurais de Solbeira: 2080 0443 43 3040002445 (Novagalicia Banco).

Unha vez feito o ingreso, deberase remitir o xustificante ao fax 988 29 30 25, ou entregalo no concello, incluíndo os datos persoais e a proba na que se inscriben. Os/as participantes na carreira deben indicar a data de nacemento.

Ó remate das probas, todos/as participantes están convidados a un aperitivo e ao sorteo de agasallos.


Perfil Andaina Paderne de Allariz 2013

Perfil Carreira Paderne de Allariz 2013

1 comentario:

Anónimo dijo...

A andaina ben (un pouco de asfalto de máis, se cabe) pero os camiñantes moi porcos: nos tramos posteriores aos puntos de avituallamento o chan quedou estrado de botellas de auga. E iso que nalgún sitio había un caldeiro a uns metros para recollelas. Resúltame dificil entender que alguén que vai a unha andaina e a quen se lle supón certa sensibilidade co entorno, teña un comportamenta tan pouco cívico. É a primeira vez que vexo isto nunha andaina.

Slider